Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden doce anos de prisión para o autor confeso do crime do bar Novo de Ourense

Piden doce anos de prisión para o autor confeso do crime do bar Novo de Ourense

Comezou a primeira das tres sesións na Audiencia Provincial con xurado popular

O acusado narrou con detalles como matou cunha botella rota o dono do bar

A defensa adhírese á petición da Fiscalía, pero coa atenuante por colaborar coa policía e pola súa adicción ás drogas

G24.gal 07/03/2022 14:19

Jonathan Rodríguez narrou hoxe no primeiro día do xuízo como matou o propietario do bar Novo. Di que o fixo cunha botella rota tras unha refrega porque só lle quería fiar 2 gramos de cocaína e el quería 4. O acusado xa lle debía cartos doutras veces. 

Evaristo morreu desangrado ao cravarlle o cristal no pescozo. O autor confeso do crime deixouno tirado tras a barra do bar e escapou para a súa casa de Celanova coas chaves e o móbil da vítima. Seguiu facendo a súa vida ata que case catro meses despois detivérono, foi entón cando confesou o crime.

A Fiscalía pide para el unha condena de doce anos de prisión por un delito de homicidio. A defensa adhírese a esta petición pero con atenuante por colaborar coa policía e pola súa adicción ás drogas. O acusado tamén está conforme con indemnizar con 44.000 euros as dúas fillas do falecido. Elas exercen a acusación particular.

O acusado manifestouse arrepentido no xuízo e asegura que ten remordementos. O xuízo continúa mañá coa declaración das fillas da vítima e dos policías que levaron a investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade