Publicador de contidos

Publicador de contidos

Persoas próximas aos Charlíns entre os seis encarcerados na operación Halia

Persoas próximas aos Charlíns entre os seis encarcerados na operación Halia

Entre os seis que van a prisión atópanse Pablo Quiroga, Víctor Dopico e Bernabé González

Incautáronlles case dúas toneladas de haxix e máis de tres millóns de euros en efectivo

Detido en Barrantes, Ribadumia (Europa Press/Elena Fernández)
G24.gal 02/05/2024 19:43 Última actualización 02/05/2024 21:07

O xuíz de reforzo do Xulgado Central de Instrución número 6 da Audiencia Nacional, Joaquín Gadea, decretou prisión para seis dos detidos na operación contra o narcotráfico que se desenvolveu esta semana en Galicia e Madrid.

Entre os seis que van a prisión atópanse Pablo Quiroga, que estaba no radar da Policía pola súa presunta relación co narcotráfico, Víctor Dopico e Bernabé González.

A estes últimos retiróuselles o pasaporte, prohibíuselles abandonar o país e terán que comparecer semanalmente nun xulgado.

Todos os que declararon están investigados por un delito contra a saúde pública no marco dunha organización criminal.

As detencións foron efectuadas por axentes da Garda Civil especializados na loita contra o crime organizado (ECO) co apoio da axencia Europol e da estadounidense DEA.

Case dúas toneladas de haxix e tres millóns en efectivo

Nos rexistros realizados en casas e locais incautáronse 1.800 quilos de haxix, 14 quilos de cocaína, 9 quilos de marihuana, 850 gramos de heroína así como 1,5 quilos de drogas sintéticas, doses de LSD e máis de 3 millóns de euros en efectivo.

Ademais, nunha das propiedades rexistradas había un laboratorio de elaboración e adulteración de droga.

Os rexistros practicáronse o martes en distintos puntos da provincia de Pontevedra (Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa Cambados, Soutomaior e Pontevedra), así como en Ferrol e Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade