Pepe Sánchez, cuarta incorporación do Deportivo no mercado de inverno
Chega cedido polo Granada ata final de temporada

José Sánchez Martínez, máis coñecido como Pepe Sánchez (Linares, Xaén, 2 de marzo de 2000) é novo xogador do Deportivo ata final de temporada.
Pepe Sánchez, que xoga no centro da defensa, chega cedido polo Granada CF ata a conclusión da presente campaña.
Formado nas categorías inferiores do Real Xaén, en 2017 incorporouse ao Xuvenil A do club nazarí. Posteriormente pasou a formar parte do filial branquivermello, o Club Recreativo Granada. Desde entón foi alternando aparicións co primeiro e segundo equipo ata o seu salto definitivo ao comezo do presente curso.
Co Granada CF, Pepe Sánchez acumula un total de 14 partidos: 3 en Primeira División, 3 en Segunda División, 6 en Copa do Rei e 2 en Europa League, fronte ao Omonia chipriota e ao PAOK grego na fase de grupos do torneo 2020-2021.
Ademais, co Club Recreativo Granada disputou 18 encontros en Segunda División B e outros 17 en Segunda Federación.