Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pepa Millán substituirá a Espinosa de los Monteros como portavoz de Vox no Congreso

Pepa Millán substituirá a Espinosa de los Monteros como portavoz de Vox no Congreso

Pepa Millán foi no último ano a voz de Vox no Senado, onde foi designada senadora polo Parlamento de Andalucía

G24.gal 16/08/2023 12:08

Pepa Millán exercerá será a voceira de Vox no Congreso dos Deputados tras a renuncia á acta de Iván Espinosa de los Monteros, como anunciou o líder deste partido, Santiago Abascal, tras recoller a súa credencial como deputado. 

Abascal anunciou este nomeamento en declaracións ante os xornalistas, e defendeu que Espinosa de los Monteros marchou alegando "razóns familiares e persoais" que non permiten "reter a ninguén" pero sen que houbese ningunha razón "política" nin "programática".

Tamén negou as críticas internas no seo do seu partido: "Sinto picarlles o globo, pero aquí non hai ningunha familia, ningunha facción". 

Abascal dixo que ten postas "moitas expectativas" en Pepa Millán, da que destacou que lle cantou "as corenta" a Pedro Sánchez no Senado e que ao seu xuízo demostra que Vox ten "canteira, equipo e futuro".

Pepa Millán foi no último ano a voz de Vox no Senado, onde foi designada senadora polo Parlamento de Andalucía en 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade