Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez presentará a súa candidatura a presididir a Internacional Socialista

Pedro Sánchez presentará a súa candidatura a presididir a Internacional Socialista

Presentarase no congreso que esta formación celebrará en Madrid do 24 ao 27 de novembro

Pedro Sánchez, nunha xuntanza en Nova York con investidores este xoves Pedro Sánchez, nunha xuntanza en Nova York con investidores este xoves
G24.gal 22/09/2022 18:45

O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE Pedro Sánchez anunciou este xoves en Nova York que presentará a súa candidatura para presidir a Internacional Socialista.

Sánchez fixo este anuncio na súa intervención na reunión desta organización política, que se celebrou en Nova York no inicio do novo período de sesións da Asemblea da ONU.

O xefe do Executivo optará á presidencia da Internacional Socialista no Congreso que esta formación celebrará en Madrid do 24 ao 27 de novembro.

A intención de Sánchez é modernizar esta organización e conseguir novos obxectivos en materia de igualdade, cambio climático, economía xusta e defensa da democracia.

"Aspiro a achegar a miña experiencia para iniciar un novo tempo nesta organización", sinalou ante o resto de líderes da Internacional Socialista, aos que pediu o seu apoio para levar adiante o seu programa.

Sánchez chamou a "dar a batalla pola democracia, os dereitos e as liberdades civís con máis forza ca nunca" porque opina que as crises puxeron en risco principios que parecían plenamente consolidados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade