Pedro Sánchez asegura que "vai facer fixos 67.000 sanitarios"
Nunha entrevista no xornal El País, non cre que aumento do gasto militar poña en risco a coalición de Goberno

Pedro Sánchez sinala nunha entrevista ao xornal El País que o dato de inflación é malo, pero que sen as medidas do Goberno estaría no 15 %.
Ao empresariado recoméndalle "subir salarios e conter beneficios" e di que as ganancias das enerxéticas neste contexto non son "razoables nin asumibles"
Sobre o aumento do gasto militar, non cre que poña en risco o goberno con Unidas Podemos e desvela a medida estrela do próximo Consello de Ministros: "Facer fixos 67.000 sanitarios".
A medida chega tras varias sentenzas europeas que obrigan a acabar coa alta temporalidade e foi pactada coas comunidades, que teñen transferidas as competencias en materia de saúde.
Nestes momentos ningunha autonomía presenta unha taxa de sanitarios con contratos temporais inferior ao 30 %.