Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pedro Sánchez inicia en Austria unha xira para preparar a presidencia española da UE

Pedro Sánchez inicia en Austria unha xira para preparar a presidencia española da UE

O presidente do Goberno reuniuse en Viena co chanceler austríaco, Karl Nehammer

G24.gal 16/02/2023 14:51

O presidente do Goberno comezou en Austria unha xira que o levará por tres países co obxectivo de preparar a presidencia española da Unión Europea durante o segundo semestre deste ano. Sánchez reuniuse en Viena co chanceler austríaco, Karl Nehammer, para presentarlle as prioridades do mandato.

"Queremos que Europa avance no semestre de presidencia española. Imos traballar por iso, buscando solucións tendo en conta as preocupacións dos países. Sei que Austria vai ser sempre un aliado", asegurou o xefe do Executivo español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade