Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pau Gasol culmina unha carreira de lenda coa entrada no Salón da Fama

Pau Gasol culmina unha carreira de lenda coa entrada no Salón da Fama

G24.gal 13/08/2023 08:57

A Pau Gasol non lle quedaban moitos retos por acadar nunha carreira de lenda no mundo do baloncesto. Na madrugada do sábado ao domingo logrou unha nova e impresionante: ser o primeiro xogador español en chegar ao Salón da Fama. Gasol uniuse aos adestradores Ferrándiz e Díaz Migue como os únicos españois co seu nome inscrito no Hall of Fame. 

Gasol foi presentado por outro mito como Toni Kukoc, repasou todos e cada un dos apoios que recibiu durante todos os anos nos que pelexou para chegar á cima do baloncesto mundial: "Moitos axudaron, pero ninguén o fixo como a miña familia", indicou o catalán. 

Pau tamén tivo unha lembranza para o seu irmán Marc, a súa fachenda por compartir éxitos na selección española e recordou como un dos días máis especiais da súa carreira o salto inicial ao seu carón no All Star de 2015. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos