Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espectacular recibimento da afección ao Baxi Ferrol

Espectacular recibimento da afección ao Baxi Ferrol

Ademais o Concello de Ferrol instalou unha pantalla xigante no Cantón de Molíns para seguir o duelo de volta da final da Eurocopa

G24.gal 02/04/2025 14:18 Última actualización 02/04/2025 19:41

Espectacular recibimento da afección ao Baxi Ferrol hora e media antes de chegar ao pavillón no que se xoga o partido definitio

Estivemos cos primeiros afeccionados do Baxi que chegaron a Villeneuve, serán uns 200 os que esta tarde apoien desde a bancada no Palacium da localidade gala

O Concello de Ferrol instalou unha pantalla xigante no Cantón de Molíns para seguir o duelo de volta da final da Eurocopa feminina de baloncesto, no que o Baxi Ferrol medirase en Francia ao conxunto do Villeneuve d'Ascq.

O encontro comezará ás 20:30 onde o cadro universitario terá que remontar o 75-78 adverso da cita de ida, disputada este pasado mércores no pavillón ferrolán da Malata.

O consistorio convidou á cidadanía para acudir á céntrica alameda ferrolá, onde xa haberá ambiente de animación ao equipo preparado por Lino López desde dúas horas antes do inicio do compromiso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos