Palabras con AEIOU e UOIEA #DígochoEu
Palabras con AEIOU e UOIEA #DígochoEu
Estivemos na busca de palabras con AEIOU nesa orde e viceversa. Cantas coñecías ti? #DígochoEu
Ollo! Non hai no dicionario palabras coa secuencia AEIOU pero si unha chea de formas verbais.
Velaquí algunhas:
abeirou (=puxo na beira)
abreviou
aceirou (=puxo o ferro coma o aceiro)
aceitou (=puxo aceite)
acepillou (=cepillou)
acreditou
afeitou
agremiou (=formou un gremio)
aleirou (=fixo leiras nun terreo)
aleitou (=deu de mamar)
alpeirou (=ergueuse, fixo un traballo ou marchou)
ameigou (=botou un meigallo)
amenizou
apelicou (=pegou, contaxiou)
apelidou
apreciou
apreixou
arrefriou
baldeirou
baleirou
caldeirou (=abriu caldeiras, regadoiras nun prado)
laceirou (=sufriu a lepra ou gran pobreza)
madeirou (=cubriu con madeira)
magnetizou
patentizou (=fixo patente)
rasterizou (=converteu en píxeles)
satelizou (=puxo en órbita)