Garcés desvela que xa falou con Aspas do seu futuro cando deixe o fútbol
Garcés deixou claro que lles gustaría renovar a Claudio Giráldez
O director de fútbol do Celta, Marco Garcés, expresou a súa felicidade por renovar o seu contrato co club vigués ata o 2030 nunha rolda de prensa na que compareceu acompañado pola presidenta do club, Marián Mouriño.
"Só teño palabras de agradecemento e de gozo", introducía sobre a prolongación do contrato.
A continuación, o mexicano repasou, en resposta ás preguntas dos xornalistas, multitude de cuestións de actualidade. En canto á posibilidade de facer incorporacións no inverno, lembra a falta de dispoñibilidade de fichas e que "ninguén quere saír".
Un dos nomes que máis soaran era o de Fer López.
"Está moi difícil, o Wolvehampton puxo un diñeiro importante. É un perfil que nos viría ben, pero está complicado".
Caso á parte é Iago Aspas, aínda que as perspectivas tamén son boas. Di ser "moi optimista" e destaca que "en cada trazo que fai, ten moita calidade, algo que non sobra". Pero tamén conta que xa falaron de futuro máis aló da súa carreira como futbolista.
"Da renovación non falamos, pero si do que podería vir despois, e el está aberto a explorar opcións. Cáeme moi ben, é un tipo supercapaz. Encantaríame traballar xuntos, pero non o quero retirar".
Garcés deixa claro que lles gustaría renovar a Claudio Giráldez.
"Sería o ideal. Levamos dous anos e renovamos a Claudio. Vai ser un tema do próximo ano, é alguén que nos vén moi ben".
Tamén dixo que "teme" as ofertas que podan chegar no mercado de inverno.