Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Vázquez: "Non teño présa por ser primeiro"

Pablo Vázquez: "Non teño présa por ser primeiro"

O central leva cinco goles esta temporada

O Deportivo está a un só punto do líder, a Ponferradina

G24.gal 28/02/2024 13:43 Última actualización 28/02/2024 13:51

O Deportivo desexa que chegue o derbi do domingo e alongar a serie que o está levando a pelexar polo obxectivo do ascenso directo. Pablo Vázquez recoñeceu antes do adestramento deste mércores que os bos resultados obtidos neste 2024 non son máis que "un reflexo do que levamos facendo desde meses atrás".

"Cando acabamos o partido do domingo un compañeiro díxome: 'Xa teño ganas de xogar contra o Lugo'. Estamos todos entregados, confiados e desexando seguir alongando este bo momento", explicou.

A un só punto do líder, a Ponferradina, o central insistiu en que o Deportivo atopou moi rápido a posibilidade para ser primeiro, pero avisou:

"Non teño présa por ser primeiro, pero si por ter esas sensacións de seguir xogando e gañando semana tras semana. Temos a capacidade de gañar todos os partidos, pero domingo a domingo, non temos présas".

O central leva cinco goles esta temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos