Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo Rey: "Álvaro Rey confía no seu caneo e encara. É complicado de parar e ten gol"

Pablo Rey: "Álvaro Rey confía no seu caneo e encara. É complicado de parar e ten gol"

Afirma que o xogador chega no mellor momento

Concorda coa suspensión da xornada de Terceira

G24.gal 05/01/2022 15:39

Hoxe pasou por Zona Mixta Pablo Rey para falar da nova fichaxe do Deportivo, Álvaro Rey, co que coincidiu no Racing de Ferrol e que era o seu substituto no campo daquela

Unha fichaxe que chega no momento ideal da súa carreira

Así falaba do seu ex compañeiro: "Cando estaba no Mirandés xa escoitara o interese do Dépor. É unha fichaxe moi boa para o equipo e pode marcar diferenzas. É un xogador moi completo en calquera posición da fronte de ataque, cunha capacidade técnica e un disparo coas dúas pernas moi bos". 

Sobre as súas características, comentaba: "Ten gol e incluso pode xogar a perna cambiada. Confía no seu caneo e encara. Para un defensa é moi complicado de tapar. A súa evolución desde que estivo no Rácing foi moi boa. Co físico que ten está no mellor momento da súa carreira".

E incidiu en que "o Deportivo vai levar unha boa alegría con el. Cando Borja Jiménez o leva para alí é porque o coñece ben e sabe o que pode dar".

Axuda tamén para o vestiario branco e azul

Tamén falaba do que pode aportar fóra do campo: "A nivel humano é unha persoa que non vai dar ningún problema, moi profesional e que coñece moi ben o seu papel de colaborar e sumar todo o posible. Vai axudar a crear boa harmonía no vestiario".

A Terceira RFEF e a covid

Tamén falou da situación que afecta ao seu actual equipo, o Somozas, logo da suspensión da xornada desta fin de semana pola pandemia: "Creo que é bo que non se xogue esta fin de semana na Terceira. É unha decisión complicada, pero tamén a situación é complexa coa covid neste momento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade