Pablo Durán cambia o Compostela polo Celta
O dianteiro tomiñés fixo unha gran temporada na súa estrea na 2RFEF, con 8 goles
O Compostela recibe a cambio a Darío Germil

O dianteiro tomiñés Pablo Durán xogará no filial do Celta a vindeira temporada. Logo da súa explosión na 2RFEF a pasada campaña era un xogador moi cobizado e acabou decidíndose pola oferta celeste. Pablo Durán marcou 8 goles logo de ser asinado da Preferente Autonómica.
Pablo Durán, traspasado ao RC Celta
— S.D. Compostela (@SD_Compostela) August 8, 2022
Moita sorte Pablo!!https://t.co/L7PC49fEZN pic.twitter.com/93iDWC9Ldx
Na operación houbo un intercambio de cromos. Ao Compostela chega Darío Germil, unha das promesas goleadoras que tiña o Celta na súa base. A temporada pasada, primeiro ano sénior, anotou 18 tantos na Preferente para facer posible o ascenso do Gran Peña. Darío, que ía xogar na Terceira División, terá unha boa oportunidade de amosar o seu fútbol na 2RFEF.