Publicador de contidos

Publicador de contidos

Oviedo-Deportivo, esta tarde (19:30h) na TVG e AGalega

Oviedo-Deportivo, esta tarde (19:30h) na TVG e AGalega

Segundo choque de pretemporada do equipo coruñés, que viaxa ata o Carlos Tartiere

G24.gal 25/07/2026 15:13

Algunhas esceas típicas do verán están marcadas polas visitas as praias, as verbenas coa Orquesta Panorama, ou os amigables entre o Oviedo e o Deportivo.

Asturianos e galegos reeditan hoxe no Carlos Tartiere un clásico das pretemporadas. O encontro conta con múltiples alicientes.  Por una lado, a presentación en sociedade do proxecto de Julián Calero. E por outro, comprobar a evolución do conxunto coruñés trala súa estrea vitoriosa da semana pasada ante o Compostela.

Será o momento de confirmar as boas impresións ofrecidas por Ede no centro da defensa e de Giijselhart como centrocampista con chegada. De que Jensen volva amosar o seu desequilibrio como enganche... E de ver tamén se Eddachouri mantén a súa capacidade goleadora...

Pero sobre todo, existe un especial interese por presenzar o debut de Aubameyang presente na bancada de San Lázaro o pasado sábado e o que se espera esta tarde no campo. O dianteiro chega procedente do Marsella onde marcou 14 goles a pasada temporada. A súa fichaxe está a espertar unha enorme ilusión no deportivismo que esta semana acudiu en masa a comprar a camiseta co seu nome.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade