Óscar Cano busca a segunda vitoria consecutiva ante o filial do Real Madrid
Óscar Cano viaxa a Valdebebas coa intención de sumar o seu segundo triunfo como adestrador do Deportivo. O técnico cre que, tarde ou cedo, chegará unha boa serie:
"Sumar dúas vitorias consecutivas ante rivais da parte alta sería un xute de enerxía para todos. Sería aproximarnos a esa zona na que queremos estar. Pero quedan 90 puntos e un refacho pode vir en calquera momento. Hai equipos cos que uno non está moi convidado o optimismo de refachos, pero cos xogadores que temos, temos moitos argumentos para pensar que ese refacho de vitorias ten que chegar".
O granadino, reflexionou sobre o que se viu na sua estrea, máis arroupado. Di que non é para diferenciarse de Borja Jiménez
"Xantas porque tes fame pero porque necesito nutrirme. Tivo que ver co Linares, coa esixencia do club, co estado de semidepresión"
O preparador deportivista falou tamén do acerto para a portería contraria:
"O outro día tivemos un resultado de goles esperados de 4. Non se se houbo algún equipo este ano que o fixera. Estou contento co que o equipo xerou e esta semana démoslle importancia a todos os movementos previos á finalización. Hai xente con moita precisión neste equipo, sigo dicíndoo, temos moitos goles escondidos".
Avisa, tamén, do perigo do Castela:
"Todos sabemos do potencial. A ninguén lle vai estrañar ou lle estraña que varios deses nomes que vexamos na aliñación formen parte de clubs de elite en breve. Son futbolistas que algúns xa van coa selección en categorías inferiores, varios foron solicitados por equipos de Primeira División no verán… vin o seu último partido en casa ante o Córdoba e pareceume un equipo repleto de grandes futbolistas".