Óscar Pinchi volve a Galicia para xogar no Racing de Ferrol
O extremo coruñés militaba no Rizespor de Turquía despois dunha longa traxectoria en equipos de Segunda División
O Racing tiña gardada unha sorpresa para as últimas horas do mercado. O xogo polas bandas é fundamental para Cristóbal Parralo, e coa marcha de Carlos Vicente e a lesión de Nico Serrano decidiu incorporar un xogador. Trátase do coruñés Óscar García Pinchi, formado no Deportivo desde os 9 ata os 22 anos.
Pinchi (28 anos) debutou co primeiro equipo do Deportivo na temporada 15-16, pero non tivo continuidade e buscou as oportunidades na canteira do Atlético de Madrid. Co seu filial xogou, a moi bo nivel, na temporada 18-19 e a partir de aí consolidouse na Segunda División.
Estremadura, Fuenlabrada, As Palmas e Mirandés (22-23), co que marcou seis goles, foron os seus equipos na segunda categoría. Este ano probou sorte no Rizespor de Turquía, pero a falta de oportunidades (só un partido como titular) fixeron que se decidise por volver á casa.