Óscar Gilsanz: "Alégrome de que aos meus ex-equipos lles vaia ben"
Como cada ano, o técnico dirixou un adestramento solidario en Betanzos, tras o que falou da actualidade
Nadal e solidariedade van da man. E hoxe asistimos a un evento que leva dez anos celebrándose, o adestramento solidario dirixido por Óscar Gilsanz en Betanzos.
Alí, na súa casa, no campo de O Carregal o técnico betanceiro levou a cabo unha sesión de traballo para a rapazada de entre seis e catorce anos cun fin solidario. E tralo adestramento, Gilsanz falou do Deportivo e do seu camiño cara primeira. E tamén dos seus desexos de volver adestrar: "Estou vendo moito fútbol, de Ligas que non tiña tan controladas", indicou o técnico. "O gusanillo nunca o perdes, ese gusto por estar no campo. Agora agardo o momento e o lugar adecuados para volver adestrar cando sexa"
Sobre o Deportivo, é optimista: "Estánse poñendo as pedras para volver a Primeira. Vaise polo bo camiño. Estou moi feliz de que aos meus ex-equipos lles vaia ben", concluíu.