Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Cano ten claro que os seus xogadores van "voar"

Óscar Cano ten claro que os seus xogadores van "voar"

O novo técnico do Deportivo debutará ante o Linares

Foto @RCDeportivo
G24.gal 14/10/2022 15:30 Última actualización 14/10/2022 15:48

Óscar Cano ten claro que unha das claves na recuperación do Deportivo é o positivismo:

"Temos que pensar que non vai ocorrer nada malo. E se ocorre, hai tempo para arranxalo dentro do propio partido. Cando vén un revés… é que ademais encaixar un gol non é estar automaticamente a 10 puntos. Hai tempo para corrixir no propio partido e, se non, quedarían aínda 30 partidos. 9".

O técnico está enfocado no Deportivo vs Linares mentres trata de aterrar:

"As sensacións son as mellores que pode ter un adestrador. Dentro deste maremágnum de emocións e situacións que comporta o feito de estar recentemente chegado. Está a custarme ata durmir do activado que estou. E ao mesmo tempo estou en paz e moi motivado porque me gusta moito todo o que vexo".

Óscar Cano di que os seus xogadores van voar:

"Teño moi claro que cando o equipo cambie o chip e enlace dúas vitorias seguidas, o equipo vai voar"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar