Cargando resultados...
Cano matiza as súas palabras: "Equivoqueime ao falar de carencias"
O Deportivo comeza a segunda volta recibindo o Majadahonda (sábado, 19:00 na G2)
G24.gal
20/01/2023 20:06
Tras caer derrotado ante o Alcorcón, Óscar Cano aludiu ás fallas do Deportivo. Carencias que, segundo explicou, poderían solventarse no mercado de inverno. Este venres o técnico quixo puntualizar as súas palabras.
Óscar Cano quere un equipo máis competitivo. Á saída de Granero xúntanse as baixas por lesión de Raúl Carnero e Rubén Díez, e a de Mackay por sanción. Tras a última derrota o liderado está a sete puntos.
Antoñito volve á convocatoria despois dunha lesión muscular. Tamén entran os canteiráns Hugo Ríos, Ángel Puerto e Brais Val. Max Svensson, á marxe toda a semana, recibiu a luz verde por parte do equipo médico a última hora.