Publicador de contidos

Publicador de contidos

Óscar Cano: "Como non vou querer que veña Lucas Pérez?"

Óscar Cano: "Como non vou querer que veña Lucas Pérez?"

O técnico do Deportivo ve o equipo acabando o ano no máis alto da clasificación

G24.gal 18/11/2022 13:21 Última actualización 18/11/2022 15:27

Regresa a Primeira Federación a Riazor co Deportivo vs Cultural. Boa oportunidade para o equipo branco e azul de enganchar por primeira vez unha serie de tres vitorias consecutivas e empezar con bo pé o esprinte de seis partidos antes da parada do Nadal.

Sobre o posible regreso de Lucas Pérez, Óscar Cano foi claro:

“Non teño información, non falamos do caso. Lucas é un gran xogador, está en Primeira División. Calquera adestrador da nosa categoría diría que si. Como non vou querer que veña? Pero non só a Lucas, a calquera xogador de Primeira".

Tamén se referiu ás opcións de ascenso a final de temporada:

"Véxome acabando o ano no máis alto da clasificación. Teño confianza plena no que vexo no día a día. Nas actitudes e as aptitudes. Faime ser optimista, sobre todo porque imos en boa dinámica en liga".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade