Óscar Cano: "Achegarnos ao Córdoba sería achegarnos á perfección"
O líder aínda non perdeu como visitante
Óscar Cano analizou as claves do Deportivo vs. Córdoba pouco máis de 24 horas antes do partido. O equipo branquiazul recibe o líder do grupo no seu mellor momento da tempada e espera seguir recortando distancias co primeiro posto.
A melloría do Deportivo e os seus futbolistas vai examinarse fronte ao Córdoba. Todos están chamados no equipo branquiazul a mellorar as súas prestacións. Tamén Antoñito, que regresa a Riazor despois dun bo partido fronte ao Fuenlabrada. A pasada semana repetiu perigrosísimas carreiras ata a liña de fondo, pero insistiu nos pases atrás, que a punto estiveron de acabar en gol.
Óscar Cano sinalou este venres que esta decisión do futbolista se basea nunha premisa que o corpo técnico lle deu:
"A consígna é que levante a cabeza. Centrar é un termo que non é xusto. Hai que pasar o balón a alguén. Non deixa de ser un pase a un compañeiro. Tratamos de cubrir todos os espazos para que o que teña que centrar elixa a mellor opción"
Cano tivo palabras de eloxio para o rival:
“Queremos achegarnos. Porque achegarnos ao Córdoba sería achegarnos á perfección. Ten uns díxitos espectaculares. Só un partido perdido, non perdeu fóra, un xogo espectacular e manexando moitas cousas que hai que manexar para competir. Hai que felicitar a quen confeccionou o cadro, a quen a adestra e tamén aos seus xogadores”
"O partido non é decisivo pero hai que rozar a perfección. Son unha pasada de equipo"