Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dereitos Sociais nega que maltratar un animal se castigue máis ca maltratar a parella

Dereitos Sociais nega que maltratar un animal se castigue máis ca maltratar a parella

Un informe do Consello Xeral do Poder xudicial advirte de que a pena por maltratar unha mascota para causar dano á parella é maior para a fixada para as lesións á propia parella

Dereitos Sociais explica que o comportamento regulado na lei é violencia vicaria e argumenta: "Faise dano ao animal e tamén á persoa por tanto a pena é maior"

G24.gal 21/11/2022 16:33 Última actualización 21/11/2022 18:43

O borrador do informe do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre o proxecto de lei contra os malos tratos animais advirte de que a pena establecida para quen maltrate a unha mascota co obxectivo de causar dano á súa parella ou ex parella é superior á fixada para as lesións leves á propia parella.

Esta advertencia sobre a falta de proporcionalidade das penas recóllese na proposta de informe que debaterá o pleno do órgano de goberno dos xuíces este xoves.

O proxecto de lei que modifica o Código penal en materia de malos tratos animais, deseñado polo Ministerio de Dereitos Sociais, atópase xa en tramitación no Congreso.

Esa norma castiga con pena de prisión de 3 a 18 meses -ou multa de 6 a 12 meses- a quen cause a un animal vertebrado unha lesión que requira tratamento veterinario; e establece que a pena se impoñerá na súa metade superior (de 11 a 18 meses) cando concorran determinadas circunstancias agravantes, como cometer o feito para coaccionar, intimidar ou danar a parella ou exparella.

"Pode verse afectado o principio de proporcionalidade", sinálase no informe do CXPX, que alerta de que esa pena de prisión "é superior á que está actualmente fixada para o delito leve de coaccións, o de ameazas leves, o de lesións que non precisan tratamento médico ou cirúrxico ou o de malos tratos de obra no ámbito de violencia sobre a muller".

O Código penal castiga esas condutas con pena de prisión de 6 meses a un ano.

O Ministerio de Dereitos Sociais nega que o castigo por maltratar animais sexa maior que o establecido por lesionar a parella ou ex parella

O ministerio de Dereitos Sociais explica que o comportamento regulado na lei é violencia vicaria e argumenta: "Faise dano ao animal e tamén á persoa por tanto a pena é maior".

O ministerio expón "unha nova forma de violencia machista" na que un maltratador fai dano ao animal para agredir á muller e recalca que é falso que se castigue máis duramente golpear a un animal que a unha persoa con carácter xeral.

"A pena por un delito de lesións sen intervención veterinaria é máis leve que a de lesións sen tratamento médico. No caso de que a lesión se infrinxa a un animal poderase conmutar por traballos en beneficio da comunidade e se é a unha persoa, sempre haberá multa", expoñen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade