Os voluntarios para a visita do papa están a contar os días
En Madrid, en Barcelona, nas Palmas de Gran Canaria e en Tenerife aceleran os preparativos
A chegada dos dous papamóbiles fai sentir a inminencia do acontecemento
O Papa chega esta semana a España: esta é a súa axenda
O itinerario de León XIV por Madrid, Barcelona e as Illas Canarias poderase seguir en directo en G24.gal, que incluirá as retransmisións da TVG dos momentos máis destacados da viaxe
O avión do Exército chegou de Roma con dous papamóbiles a bordo.
"Barcelona espera por el", subliña unha voluntaria
E en Barcelona quedou un papamóbil. Os voluntarios ven a visita cada vez máis cerca.
"Todo o mundo está nervioso. Agardamos que traia unha mensaxe de unidade e esperanza", conta outra voluntaria
Logo o avión militar voou de Barcelona a Madrid. Alí quedou o segundo papamóbil.
"Que veña a Madrid o papa, con todos os corazóns que vai mover, todas as almas que vai mover..."
Voluntarios de todas as idades aceleran os preparativos.
"O que vou facer durante a visita do papa é acoller pererinos na miña casa"
Ambos os dous papamóbiles voarán despois ás Canarias.
"É a primeira vez que un papa visita as illas"
"É un evento histórico, a participar nel éncheme interiormente"
Tanto en Gran Canaria coma en Tenerife, León XIV fará unha aproximación á realidade dos migrantes.
"Son mozos que non falan castelán aínda, e están a poñer as pilas coas clases de castelán que temos no centro para poder ter unha conversa breve con el, e están a preparar unhas pequenas frases. Estano collendo con esa ilusión", contan dende o cento de acollida de migrantes de Tenerife
Os voluntarios repiten a palabra esperanza.
A primeira parada do papa en España será no Palacio Real, onde vai manter un encontro con autoridades e sociedade civil. Nesa recepción estará Alfonso Rueda, que aproveitará a ocasión para reiterarlle o convite para que visite Galicia no Ano Santo 2027.
O itinerario de León XIV por Madrid, Barcelona e as Illas Canarias poderase seguir en directo en G24.gal, que incluirá as retransmisións da TVG dos momentos máis destacados da viaxe