Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Papa chega esta semana a España: esta é a súa axenda

O Papa chega esta semana a España: esta é a súa axenda

O itinerario de León XIV por Madrid, Barcelona e as Illas Canarias poderase seguir en directo en G24.gal, que incluirá as retransmisións da TVG dos momentos máis destacados da viaxe

Arquivo Europa Press Arquivo Europa Press
G24.gal 01/06/2026 08:42

O papa León XIV chega esta semana a España na que será a súa primeira visita oficial. Entre o 6 e o 12 de xuño vindeiros, o pontífice ten previsto reunirse co presidente do Goberno Pedro Sánchez o próximo 8 de xuño, unha hora antes de intervir no Congreso dos Deputados, e tamén visitará unha prisión en Barcelona e un centro de migrantes en Tenerife, segundo o itinerario anunciado polo Vaticano.

Robert Prevost percorrerá, nesta ocasión, uns 2.500 quilómetros e pronunciará ata 17 discursos e homilías en 21 actos.

León XIV ten previsto recibir o xefe do Executivo español ás 09:30 horas do luns 8 de xuño na Nunciatura Apostólica, e unha hora despois, ás 10:30, ten previsto no Congreso dos Deputados encontrarse cos membros do Parlamento español e pronunciar un discurso. Será, así, o primeiro papa que fale ante as Cortes Xerais españolas.

Na axenda tamén destaca a visita en Barcelona, o mércores 10 de xuño ás 10:50, do centro penal Brians 1, onde realizará un saúdo.

Ademais, o venres 12 de xuño, en Santa Cruz de Tenerife ás 09:30 horas, terá un encontro cos migrantes do centro Las Raíces, onde tamén realizará un saúdo.

Durante estes sete días está previsto que o pontífice oficie catro misas e pronuncie vinte e dous discursos, incluídas cinco homilías. E todo isto, en español na maior parte das ocasións.

O programa da viaxe

Sábado, 6 de xuño 2026: chegada a Madrid

08:00 Saída en avión desde o aeroporto internacional de Roma/Fiumicino cara a Madrid.

10:30 Chegada ao Aeroporto Internacional Adolfo Suárez.

11:30 Cerimonia de benvida no Palacio Real de Madrid.

12:00 Visita de cortesía aos reis de España.

12:30 Encontro coas autoridades, a sociedade civil e o corpo diplomático no Palacio Real de Madrid.

18:00 Visita aos operadores e asistidos do proxecto social CEDIA 24 horas no Centro de Información e Acollida de Cáritas no barrio de Carabanchel.

20:30 Vixilia de oración cos mozos na praza de Lima.

O Especial Informativo da TVG arrancará ás 10.15 da mañá. 

Domingo, 7 de xuño 2026

10:00 Santa Misa na praza de Cibeles.

16:30 Encontro privado cos membros da Orde de Santo Agustiño na Nunciatura Apostólica.

18:00 Encontro Tecer redes co mundo da cultura, da arte, da economía e do deporte no Movistar Arena.

19:30 Cea na residencia do cardeal arcebispo de Madrid.

O Especial Informativo da TVG arrancará ás 9.50 horas

Luns, 8 de xuño 2026

09:30 Encontro co presidente do Goberno na Nunciatura Apostólica.

10:30 Encontro cos membros do Parlamento Español no Congreso dos Deputados.

11:30 Encontro cos bispos de España na sé da Conferencia Episcopal.

12:50 Comida cos bispos na Nunciatura Apostólica.

18:00 Oración e homenaxe á Virxe da Almudena na Catedral de Santa María da Almudena.

19:00 Encontro coa comunidade diocesana no Estadio Santiago Bernabeu. 

O Especial Informativo da TVG arrancára ás 10:15 horas

Martes, 9 de xuño 2026: Madrid e Barcelona

10:20 Encontro cos voluntarios no Pavillón 3 de IFEMA Madrid.

11:10 Saída en avión desde Madrid cara a Barcelona.

12:25 Chegada ao Aeroporto Internacional de Barcelona-El Prat.

13:00 Rezo da Hora Media na Catedral da Santa Cruz e Santa Eulalia.

20:00 Vixilia de oración no Estadio Olímpico Lluís Companys.

Mércores, 10 de xuño 2026

10:50 Visita ao Centro Penal Brians 1.

12:00 Oración do Santo Rosario na Abadía da Nosa Señora de Montserrat.

13:00 Comida coa comunidade beneditina de Montserrat.

16:30 Encontro coas realidades de caridade e asistencia diocesanas na Igrexa de Santo Agustiño.

19:30 Santa Misa na Basílica da Sagrada Familia e inauguración da Torre de Xesucristo.

A TVG ofrecerá unha retransmisión especial a partir das 19:15 horas

Xoves, 11 de xuño 2026: As Palmas de Gran Canaria

08:30 Saída en avión desde Barcelona cara ás Palmas de Gran Canaria.

10:50 Chegada á base aérea de Gran Canaria-Gando.

11:40 Encontro coas asociacións de acollida aos migrantes no porto de Arguineguín.

13:30 Encontro cos bispos, sacerdotes, diáconos, relixiosos, relixiosas, seminaristas e axentes de pastoral na Catedral de Santa Ana.

18:30 Santa Misa no Estadio de Gran Canaria.

A TVG ofrecerá unha retransmisión especial ás 18:30 horas. 

Venres, 12 de xuño 2026: Santa Cruz de Tenerife

09:10 Chegada ao Aeroporto Internacional de Tenerife Norte-Los Rodeos.

09:30 Encontro cos migrantes do centro Las Raíces.

10:10 Encontro coas realidades de integración dos migrantes na praza do Cristo da Laguna.

12:15 Santa Misa no porto de Santa Cruz de Tenerife.

14:30 Cerimonia de despedida no aeroporto de Tenerife Norte-Los Rodeos.

15:00 Saída en avión cara a Roma.

20:10 Chegada ao Aeroporto Internacional de Roma/Fiumicino.

​​​​​A TVG ofrecerá unha retransmisión especial a partir das 12.15 horas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar