Cargando resultados...
Os veciños de Teis, en Vigo, seguen sen piscina dous anos despois do incendio que a pechou
Dende a asociación de veciños din que non saben cando se acometerá o proxecto para súa reconstrución, que o Concello anunciou en agosto do ano pasado
G24.gal
29/05/2024 14:15
Fai dous anos do incendio que obrigou o peche da piscina municipal de Teis. Dende entón non se pode empregar esta instalación. Permanece pechada e os seus usuarios teñen que desprazarse a outras piscinas cos problemas de mobilidade e os gastos económicos que supón esta situación.
En agosto o Concello vigués anunciou o proxecto para súa reconstrución porén nove meses despois nada mudou e dende a asociación de veciños din que non saben cando se acometerá.
Os usuarios esixen solucións urxentes para recuperar o uso dunha infraestrutura importante para esta parroquia viguesa.