Cargando resultados...
Os vacinados con Janssen recibirán unha dose de reforzo de Pfizer ou Moderna
A decisión terá que ser ratificada no Consello Interterritorial de Saúde

G24.gal
22/10/2021 22:17
As persoas que recibiron a vacina monodose de Janssen recibirán unha dose de reforzo. É o que propón a Relatorio de Vacinas, tendo en conta varios estudos que indican que a protección que ofrece este soro é menor. Con todo, a decisión terá que ser ratificada no Consello Interterritorial de Saúde.
En España hai preto de dous millóns de persoas que recibiron o soro de Janssen. O reforzo será con Pfizer ou Moderna.