Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores de Navantia esixen investimentos para asegurar o futuro do estaleiro

Os traballadores de Navantia esixen investimentos para asegurar o futuro do estaleiro

O corte de chapa da primeira fragata F-110 será o 25 de marzo

G24.gal 15/02/2022 13:47

Os traballadores de Navantia alertan de que o futuro do estaleiro está no aire se non se modernizan as instalacións tal e como estaba comprometido. Canda o anuncio da construción das fragatas F-110 para a Armada Española, a dirección de Navantia comprometérase a realizar investimentos para asegurar a competitividade do estaleiro.

Dous anos despois, o dique cuberto, o taller de subbloques e a transformación dixital destas instalacións seguen sen concretarse. O corte de chapa da primeira fragata será o 25 de marzo e o comité de empresa non desbota recorrer a mobilizacións se non hai avances.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade