Publicador de contidos

Publicador de contidos

Titulados no estranxeiro demandan ao Goberno central que se axilice a homologación

Titulados no estranxeiro demandan ao Goberno central que se axilice a homologación

Os afectados denuncian que esperan máis de dous anos e medio por unha homologación que, por lei, tería que estar lista en seis meses

G24.gal 26/01/2024 14:47

Titulados no estranxeiros demandan o Goberno central que axilice a homologación dos seus títulos para poder traballar en España. Hoxe houbo protestas a nivel nacional, tamén en Galicia. 

Nelas participou Sissy Louzano, que agarda poder exercer a medicina en España. Titulada en Cuba, traballou cinco anos como médica de familia en Ecuador antes de vir a España. Aquí Leva dous anos e medio pendente da homologación do seu título como médica xeral para poder estudar a especialidade. 

Canda Omar Montilla, que é o representante da plataforma de afectados en Galicia, saíu á rúa na Coruña para denunciar a demora administrativa que lles impide saber cando volverán exercer a súa profesión. 

El era médico en Venezuela. Leva dous anos agardando unha resolución que, segundo a lei, debería darse en seis meses. E mentres traballa como axudante de cociña nun restaurante.

O Ministerio de Universidades puxo en marcha un plan de choque e contratou máis persoal. 26 interinos que a plataforma de afectados ve insuficiente. Cren que non chega para axilizar os preto de cen mil expedientes que, calculan, seguen pendentes de resolución. 

O sector sanitario é o máis afectado, pero hai tamén titulados en educación e enxeñería que están nesta longa espera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade