Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Tedax mobilízanse en Vigo por unha maleta abandonada na porta do hospital

Os Tedax mobilízanse en Vigo por unha maleta abandonada na porta do hospital

Os axentes activaron o protocolo habitual: detiveron o tráfico e estableceron un perímetro de seguridade

Finalmente, tratouse dunha falsa alarma posto que no interior da maleta non había máis que roupa, segundo fontes da Policía Nacional

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 13/11/2026 10:07

Axentes especializados en explosivos da Policía Nacional (Tedax) acudiron á primeira hora da mañá deste venres ao hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, alertados por unha maleta abandonada ás portas de Urxencias.

Ante a posibilidade de que a maleta escondese un artefacto explosivo, os axentes activaron o protocolo habitual: detiveron o tráfico e estableceron un perímetro de seguridade, ante a estrañeza dos condutores, que viron detida a súa marcha nas inmediacións do hospital.

Finalmente, tratouse dunha falsa alarma posto que no interior da maleta non había máis que roupa, segundo fontes da Policía Nacional.

A alarma saltou sobre as oito da mañá, cando unha persoa deixou a maleta ás portas de Urxencias, colleu un bolso de cintura e abandonou o lugar deixando alí a maleta.

Apenas media hora despois a normalidade regresou ás inmediacións do hospital unha vez os axentes comprobaron que se trataba dunha falsa alarma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade