Os seguros de coche encarecen un 21 %
A peor parte lévana as pólizas a todo risco, que subiron un 27 %
Complicado atopar un seguro por menos de 170 euros. De media, unha póliza básica a terceiros custa 381 euros. A cifra dispárase se falamos de seguros a todo risco ata os 2.000 euros de media, segundo o comparador online 'kelisto.es'.
Detrás desta suba está o aumento da sinistralidade e o encarecemnto das reparacións, tanto na man de obra dos talleres como das pezas de reposto. Neste ano, o prezo medio dunha póliza está nos 733 euros, fronte aos 604 do ano pasado.
Dende o sector insisten en que o prezo do seguro non sobe por igual en todas as compañías. Depende de moitos factores dende a localidade onde se circule habitualmente ata a idade ou experiencia do condutor. Recomendan comparar propostas e estudar ben as coberturas que se contratan.