Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os riscos de levar cativada aos concertos

Os riscos de levar cativada aos concertos

Poden producirse danos no oído interno que son irreparables

No caso de levalos hai no mercado cascos de protección auditiva que poden atenuar máis de 30 decibeles

Maluma afea a uns pais por levar un bebé o seu concerto e desata o debate nas redes sociais
G24.gal 13/08/2025 15:16

Os bebés teñen unha capacidade auditiva moito máis sensible que os adultos porque aínda non teñen formado o seu aparello auditivo, pero estas imaxes son cada vez máis habituais. A exposición a ruídos de máis de 85 decibeles, e nos concertos supérase e moito, pode provocar dende a infancia danos que son irreversibles.

"Cando unha persoa ten un dano no oído producido polo ruído non hai fármacos, non hai medicamentos que poidan volver ese dano atrás. O único que poderemos facer é intentar que non aumente", explica Andrés Soto Varela, xefe de servizo do Otorrinolaringoloxía do CHUS.

Por iso á hora de levalos a actividades con moito ruído importa moito onde nos situemos

"Non é o mesmo que estea fronte aos altofalantes que emiten son ou que estean nunha zona máis protexida, non é o mesmo nun espazo pechado onde hai reverberación de sons que nun espazo aberto", continúa.

E aínda nese último caso hai que seguir unhas recomendacións.

"Facer descansos desta exposición ao ruído durante uns minutos para despois volver ao concerto", aconsella María Rey Marcos, da unidade de Otoloxía do servizo de ORL do CHOU.

 "Non ten ningún sentido levar a un bebé a un concerto, pero de levalo, de levalo, os cascos axudan", conclúe o doutor Andrés Soto.

E no mercado podemos atopalos para todas as idades porque cada vez hai máis demanda.

"Os que son de cero a tres anos, ou de tres mesiños a dous aniños ou mesmo estes que vemos aquí grandóns que xa serían para peques de máis de tres aniños", apunta Estefanía Martínez, dependenta en Bebiños.

Non illan por completo, pero por un prezo inferior a 30 euros e poden atenuar.

"Dependendo un pouquiño do modelo entre 26 e 31, 33 decibeles", informa a dependente da tenda de puericultura

 "En conclusión, dicir que se queremos que os nosos nenos gocen toda a vida da música, é moi importante protexelos dende que son pequenos", conclúe a doutora Rey.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade