Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Premio Cervantes recoñece a obra de Cristina Peri Rossi

O Premio Cervantes recoñece a obra de Cristina Peri Rossi

A autora uruguaia non puido asistir á entrega do galardón, que recolleu no seu nome a actriz Cecilia Roth

G24.gal 22/04/2022 14:56

O acto de entrega do Premio Cervantes volveu celebrarse no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares, tras dous anos de cerimonias privadas cos galardoados debido á pandemia. Non obstante, a uruguaia, Cristina Peri Rossi, non puido estar presente na entrega por motivos de saúde, e no seu lugar recolleu o galardón a actriz Cecilia Roth.

O premio máis prestixioso das letras españolas valora o talento literario de Peri Rossi, que plasmou en varios xéneros. O rei Filipe VI dixo da autora: "Considerouse unha trapecista que salta sen rede, comprometida. Unha voz en defensa dos vulnerables, e a favor da igualdade, da xustiza e da democracia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade