Estrea de xoguetes na rúa e xuntanzas familiares reducidas
A cativada loce os seus regalos no día de Nadal
Hoxe é día de estrea de agasallos para moitos rapaces que acaban de recibir a visita de Papá Noel. É unha estampa que se repite en moitos lugares porque os cativos queren lucir os seus regalos.
É tamén un día para xuntarse coa familia, aínda que de novo a pandemia impide facelo con moitas persoas. Con todo, o tradicional é xantar cos máis achegados xa sexa na casa ou fóra.
Os rapaces saen á rúa para estrear os novos agasallos, depositados misteriosamente por Papá Noel que nunha noite é capaz de repartir regalos por todo o mundo. As caras de sorpresa e felicidade reflicten o gozo dos cativos.
A poucos pasos encontrámonos con Antón, que está encantado coa súa bicicleta. O día despexado anima a probar os agasallos. É o caso de Alba. Felices tamén os pais dos cativos, ao ver a boa acollida dos regalos.
É unha estampa tradicional, familias con pequenos que estrean os regalos, antes da xuntanza para celebrar o Nadal.
Reunións que este ano están novamente marcadas pola pandemia e son menos numerosas, pero que sempre que se pode fanse coa familia.