Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os profesionais da saúde advirten dos prexuízos das dietas moi restritivas

Os profesionais da saúde advirten dos prexuízos das dietas moi restritivas

A celebración de todas as festas arredor dunha mesa leva moitas veces a excesos e tamén á busca de milagres para recuperar o peso

Con varios profesionais da saúde, buscamos as pílulas que si funcionan 

G24.gal 14/01/2026 14:55

A présa por recuperarnos dos excesos cometidos na mesa durante o Nadal e a publicidade alimentaria que invita a comprar superalimentos ou determinados suplementos, ás veces poden levar a confusión.

"As dietas detox moi estritas, coidado co xaxún intermitente, que si pode funcionar pero non a todo o mundo. Hai determinado tipo de pacientes que non debe meterse nun xaxún intermitente". "Pode limitar moito e limitar tanto que non chegamos a cubrir os requirimentos de vitaminas, minerais, fibra. O importante e recuperar os bos hábitos", di a nutricionista, Carolina Becerra.

"Non hai milagres é volver á comida real, esa proteína esas verduras e hidratarnos ben, auga cun pouco de limón, un pouquiño de aceite de oliva virxe cunhas gotiñas de limón, o que sexa activar a nivel encima dixestiva", afirma a farmacéutica Paula Lijo.

"O milagre é que te deas de conta do que metes no teu corpo e sexas consciente e responsable e todas as consecuencias", di Belén Núñez, dona dunha herboristería.

Seguir algunhas pautas indicadas polos profesionais da saúde pode ser a mellor pílula.

"Ese prato, no que aparece na metade do prato as verduras, un cuarto de carbohidrato e un cuarto de proteína. Sempre hai que  manter ese equilibrio. O que di o prato de Harvard é que non nos esquezamos nunca do vexetal é que non sexa algo anecdótico, apunta Carolina Becerra.

Para que o corpo recupere o equilibrio non chega cunha alimentación axeitada.

"A actividade física funciona sempre. A verdade é que é unha pílula que funciona sempre, o que tiña o hábito que o recupere e o que non o tiña que o incorpore, conclúe Carolina.

E todo, superando as tentacións do Entroido que xa están aí.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos