Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os presos da ETA renuncian ás homenaxes públicas

Os presos da ETA renuncian ás homenaxes públicas

Admiten que eses actos causan dor ás vítimas e comprométense a facelos en privado

Antón Montero 29/11/2021 21:52

O colectivo de presos da ETA, o autodenominado EPKK, anuncia a fin das homenaxes públicas aos terroristas excarcerados.

Nun comunicado que avanzan dous diarios do contorno abertzale, o colectivo de presos etarras di que entende que as vítimas poidan sentirse feridas polos coñecidos como ongi etorri. Por iso, comprométense a que a partir de agora estes recibimentos se desenvolvan en ámbitos privados e discretos.

A fin das homenaxes a etarras é unha vella demanda dos colectivos de vítimas. En 2020 celebráronse case 160 destes recibimentos e outros 80 ata agosto deste ano, segundo cifras da asociación de vítimas COVITE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade