Os neurólogos alertan dos danos para a saúde do consumo continuado do gas da risa
Segundo o estudo de drogodependencia de 2025, o óxido nitróxido nitroso, empregado como anestético, non é unha substancia inocua
Os médicos especialistas indican que o seu uso continuado pode provocar danos neurolóxicos irreversibles como a parálise total
Ollo coa advertencia dos médicos sobre outra droga, o gas da risa, que medra entre rapaces novos. Pode provocar parálise e deixar o consumidor en cadeira de rodas.
O coñecido como gas da risa cada vez está máis presente en festas e locais de ocio, tanto que un informe sobre drogodependencia sitúaa como a droga máis consumida entre a mocidade.
Pero en realidade os expertos alertan de que os danos que produce na saúde poden deixar secuelas neurolóxicas irreversibles, sobre todo entre a xente nova.
Cristian Figueroa, subdirector médico do Instituto Guttmann: "Chámannos a atención porque son seis pacientes novos, algún deles que non acadan os 21 anos, a idade que nos preocupa por todo o desenvolvemento a nivel cerebral, que tiveron algunha patoloxía, bastante importante, con repercusións importantes a nivel de mobilidade, sobre todo das catro extremidades, a nivel de sensibilidade, a nivel da marcha".
O consumo continuado do óxido nitroso, empregado como anestético, non é unha substancia inocua, pero nos últimos anos popularizouse entre a mocidade polo seu rápido efecto de euforia, benestar e de risa.