Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os nenos de 5 a 11 anos xa poden recibir a vacina contra a covid-19 nos Estados Unidos

Os nenos de 5 a 11 anos xa poden recibir a vacina contra a covid-19 nos Estados Unidos

A administración do soro obtivo a última autorización

Poderían comezar a poñérllela hoxe mesmo 

G24.gal 03/11/2021 06:17


A administración da vacina contra a covid-19 aos cativos de entre 5 e 11 anos nos Estados Unidos recibiu a luz verde que lle faltaba, a dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades: a súa directora deullo só unhas horas despois de que o recomendasen os expertos deste organismo do Departamento de Saúde.

Rochelle Walensky, que o considera outro paso importante na loita contra o novo coronavirus, anunciou que comezarán a recibila o antes posible: fálase de hoxe mesmo. Poranlles a de Pfizer que, segundo os ensaios clínicos da compañía, demostrou unha eficacia do 90% na prevención dos síntomas da doenza neste grupo de idade.

Recibirán dúas doses cun intervalo de tres semanas pero cun terzo do preparado dos adultos. E non en grandes recintos de inmunización, senón en clínicas pediátricas e en farmacias. O soro tamén ha estar dispoñible en consultas de médicos de familia e nalgunhas escolas.

As autoridades estadounidenses din que teñen vacinas abondo para os 28 millóns de nenas e nenos desas idades que hai no país. Segundo os seus datos, case 6 de cada 10 proxenitores teñen moi ou bastante claro que inmunizarán aos fillos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos