Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os móbiles de Sánchez e Robles, espiados polo programa Pegasus

Os móbiles de Sánchez e Robles, espiados polo programa Pegasus

O ministro da Presidencia confirmou que se produciron dúas intrusións "ilícitas e externas" no teléfono móbil do presidente do Goberno en maio de 2021 e unha intervención no móbil da ministra de Defensa en xuño de 2021

Sánchez, o xoves no Congreso (EFE Juan Carlos Hidalgo)
G24.gal 02/05/2022 09:44 Última actualización 11:53

Os teléfonos móbiles do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e da ministra de Defensa, Margarita Robles, foron sometidos a escoitas "ilícitas e externas" polo programa Pegasus, segundo dous informes técnicos do Centro Criptolóxico Nacional.

As escoitas foron anunciadas pola portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, e o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, nunha conferencia de prensa convocada esta mesma mañá no Palacio da Moncloa.

Bolaños explicou que, segundo os informes do Centro Criptolóxico, houbo dúas instrusións no teléfono móbil de Sánchez en maio de 2021 e unha no de Robles en xuño dese mesmo ano, coincidindo coa semanas previas á saída de prisión dos líderes do 'procés'. Con todo, preferiu non especular nin facer "conxecturas" sobre a orixe ou os motivos da espionaxe ou se garda relación co proceso independentista en Cataluña.

A intervención ilegal comprobouse durante unha investigación que aínda está en marcha e que alcanzará a todos os membros do Goberno. "Son feitos contrastados e de enorme gravidade que confirman que houbo intrusións en ámbitos alleos ás institucións estatais e fóra da lei".

"O compromiso do Goberno co esclarecemento da verdade é total, e a partir de aí tomaremos as medidas que correspondan", engadiu o ministro da Presidencia, que si garantiu que esa espionaxe é alleo á estrutura do Estado e non contou con autorización xudicial, e por tanto é "externo e ilícito".

Para que se coñeza toda a verdade o Goberno puxo a disposición xudicial a información da que dispón e iraa complementando a medida que se vaian coñecendo máis datos. En concreto, presentou unha denuncia esta mesma mañá ante a Audiencia Nacional despois de que tivesen constancia de escóitalas "nos últimos días".

Bolaños lembrou que o software Pegasus empregouse en polo menos 20 países e, dado o seu perigo, van reforzar as medidas de seguridade, non só no Goberno e na Administración Xeral do Estado, senón que esas medidas vai poñer ao dispor das comunidades autónomas, concellos e outras institucións. "O Goberno vai ser inflexible con calquera vulneración de dereitos fundamentais", subliñou.

Bolaños explicou que, segundo os informes do Centro Criptolóxico, houbo dúas instrusións no teléfono móbil de Sánchez en maio de 2021 e unha no de Robles en xuño dese mesmo ano, coincidindo coa semanas previas á saída de prisión dos líderes do 'procés'. Con todo, preferiu non especular nin facer "conxecturas" sobre a orixe ou os motivos da espionaxe ou se garda relación co proceso independentista en Cataluña.

A intervención ilegal comprobouse durante unha investigación que aínda está en marcha e que alcanzará a todos os membros do Goberno. "Son feitos contrastados e de enorme gravidade que confirman que houbo intrusións en ámbitos alleos ás institucións estatais e fóra da lei".

"O compromiso do Goberno co esclarecemento da verdade é total, e a partir de aí tomaremos as medidas que correspondan", engadiu o ministro da Presidencia, que si garantiu que esa espionaxe é alleo á estrutura do Estado e non contou con autorización xudicial, e por tanto é "externo e ilícito".

O Goberno non concreta se ao falar de ataque externo pode ser por parte doutro país ou dalgunha gran corporación multinacional.

Para que se coñeza toda a verdade o Goberno puxo a disposición xudicial a información da que dispón e irá complementando a medida que se vaian coñecendo máis datos. 

Nos dous ataques ao móbil de Sánchez, informaron fontes do Goberno, conseguiron 2,6 xigas e 130 megas de datos, respectivamente. Ademais, o ataque ao móbil da ministra de Defensa logrou facerse con 9 megas de datos. Ao presidente do Goberno retiróuselle hai días o seu teléfono móbil.

Bolaños lembrou que o software Pegasus se empregou en polo menos 20 países e, dado o seu perigo, van reforzar as medidas de seguridade, non só no Goberno e na Administración Xeral do Estado, senón que esas medidas vanse poñer á disposición das comunidades autónomas, concellos e outras institucións. "O Goberno vai ser inflexible con calquera vulneración de dereitos fundamentais", subliñou.

O independentismo ve unha posible cortina de fume

O independentismo cre que a denuncia de espionaxe ao presidente do Goberno e á ministra de Defensa, Margarita Robles, podería ser unha "cortina de fume" para tapar a espionaxe a máis de 60 independentistas.

Dirixentes de ERC, JxCat e a CUP coincidiron en poñer en dúbida a versión da Moncloa. Un dos máis explícitos ao cuestionar este anuncio foi o presidente de ERC, Oriol  Junqueras, que puxo en dúbida a "credibilidade" e "verosimilitude" da denuncia da Moncloa e suxeriu que "pode ser unha cortina de fume para tentar diluír as súas responsabilidades" na ciberespionaxe ao independentismo.

Pola súa parte, o expresidente da Generalitat Carles Puigdemont solidarizouse con Sánchez e Robles, como "vítimas" de espionaxe, aínda que lles reprochou "non facer nada" ata que chegaron denuncias desde o independentismo.

"A violación da intimidade de Pedro Sánchez e a ministra Robles é un crime gravísimo que ameaza a democracia. A miña solidariedade con eles, como vítimas, e a miña máxima esixencia cara a eles, como responsables de non facer nada ata o estalido do CatalanGate", afirmou Puigdemont en Twitter. 

Feijóo pide que se extreme a seguridade

Dende o PP, Alberto Núñez Feijóo dá todo o seu apoio ao Goberno para “protexer o Estado” pero amosa tamén a súa sorpresa ante a noticia. "En pleno debate cos independentistas e en pleno debate coa estabilidade do Goberno, que nos saibamos hoxe que o presidente español e a ministra de Defensa tamén foron obxecto desta presunta espionaxe non deixa de ser unha casualidade política non menor", asegurou o presidente do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade