Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ministros de Exteriores da OTAN tratan a situación en Ucraína e novas sancións a Rusia

Os ministros de Exteriores da OTAN tratan a situación en Ucraína e novas sancións a Rusia

Borrell: "Os ataques rusos nas proximidades das centrais nucleares de Ucraína poden ter consecuencias catastróficas"

Albares: "Non podemos permitir estas escenas en Europa"

Témense consecuencias catastróficas tras o ataque á central nuclear de Zaporijia

G24.gal 04/03/2022 10:44

Os organismos internacionais e a OTAN están moi pendentes das armas que está usando Rusia, que poderían ser considerados crimes de guerra. 

Esta mañá estanse a reunir en Bruxelas os ministros de Asuntos Exteriores da OTAN. É unha xuntanza convocada de urxencia e enriba da mesa teñen todas as opcións e non se descarta que hoxe se endurezan, aínda máis, as sancións. Porén, todos parecían mostrar á súa chegada, o seu rexeitamento a implantar unha zona de exclusión aérea sobre territorio ucraíno, tal e como solicitou Kiev. Tamén todos parecían estar de acordo o perigosos que pode ser os riscos nucleares.

O alto representante da Unión Europea (UE) para Política Exterior Josep Borrell advertiu este venres dos efectos "catastróficos" que poden ter os ataques rusos preto das centrais nucleares de Ucraína e instou a que se deteñan "inmediatamente".

"Os ataques rusos nas proximidades das centrais nucleares de Ucraína poden ter consecuencias catastróficas. Deben deterse inmediatamente".

Iso foi o que dixo Borrell na súa conta oficial de Twitter.

O xefe da diplomacia europea sumouse ao chamamento "de emerxencia" lanzado polas Nacións Unidas e subliñou que os atentados e o posterior incendio de onte á noite na planta de Zaporijia "poden pór en perigo a toda Europa".

O ministro de Asuntos Exteriores español José Manuel Albares asegurou este venres en Bruxelas que non se pode permitir que os cidadáns europeos "vivan angustiados" polos riscos nucleares, tras o ataque á central nuclear ucraína en Zaporijia.

Á súa chegada a xuntanzas cos ministros de Asuntos Exteriores da OTAN dixo José Manuel Albares:

"Onte tiven un contacto co ministro de Asuntos Exteriores de Ucraína, o meu colega e amigo Dmitro Kuleba, que me informou de madrugada do perturbador asalto á central nuclear por parte das forzas rusas e chechenas".

"Non podemos permitir estas escenas en Europa. Non podemos permitir que os nosos cidadáns vivan angustiados con posibilidades que desapareceran hai moitas décadas da mente de todos os europeos".

O ministro de Asuntos Exteriores español afirmou que durante o encontro discutirán a posibilidade da zona de exclusión aérea, solicitada por Kiev,e que explicará a posición de España aos seus homólogos.

O secretario xeral da OTAN Jens Stoltenberg condenou este venres a agresión rusa contra civís en Ucraína e asegurou que o ataque á central nuclear ucraína de Zaporijia mostra a "temeridade" desta guerra e a necesidade de que Rusia retire as súas tropas.

 "Isto só mostra a imprudencia desta guerra e a importancia de acabar con ela e de que Rusia retire todas as súas tropas e participe en esforzos diplomáticos de boa fe".

Stoltenberg fixo estas declaracións xunto ao secretario de Estado dos Estados Unidos Antony Blinken á súa chegada a unha reunión extraordinaria de  ministros de Exteriores da OTAN.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade