Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os letrados de xustiza reclaman na rúa avances nas melloras salariais comprometidas co ministerio

Os letrados de xustiza reclaman na rúa avances nas melloras salariais comprometidas co ministerio

Cifran en 350.000 os xuízos adiados pola folga indefinida que manteñen desde hai mes e medio

G24.gal 09/03/2023 15:08

Os letrados de xustiza volven á rúa para reclamar avances nas melloras laborais e salariais comprometidas, din, co Ministerio de Xustiza hai agora un ano. Os antigos secretarios xudiciais levan mes e medio de folga indefinida, un tempo no que calculan que se chegaron a suspender uns 350.000 xuízos.

Tras catro reunións sen avances, reclaman a convocatoria dunha nova xuntanza coa ministra de Xustiza. "É unha cuestión de dignidade e non imos parar ata conseguir un acordo xusto", din. "Que se dean os pasos necesarios pola parte do Ministerio para que nos poidamos reunir e falar. Queremos lembrarlle á Ministra, ao Goberno e ao señor Sánchez que a xustiza está parada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade