Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os irmáns Vallejo coinciden en que está a ser un Dakar "infernal"

Os irmáns Vallejo coinciden en que está a ser un Dakar "infernal"

Sergio Vallejo: "Estou a traballar máis de mecánico que de piloto"

G24.gal 03/01/2023 13:11 Última actualización 03/01/2023 13:17

É un comentario común de todos os pilotos: a edición de 2023 do Dakar está a ser especialmente dura. Na xornada de onte, de 588 Km (dos cales 430 eran cronometrados) Sergio Vallejo e Mario G. Tomé tomaron a saída ás 10:13 para afrontar un percorrido por pistas pechadas, zonas de rocas e con final entre dunas.

Os irmáns Vallejo coinciden en que está a ser un rally "infernal".

Tras os problemas da primeira etapa, onde caeron nunha pota a falta de 20 quilómetros para meta, Vallejo e Tomé afrontaban esta nova especial con ánimos renovados e con ganas de seguir descubrindo esta proba. Lamentablemente, o Century CR6 tivo que parar a pouco do inicio da etapa como consecuencia da rotura dunha mangueta. Tras tentar arranxala, e en vista do tempo perdido, Sergio e Mario decidiron non completar esta etapa e dirixirse á asistencia para realizar a reparación en mellores condicións e tentar reengancharse na seguinte etapa.

Non está a ser, desde logo, o debut soñado neste rally. O Dakar é considerado o rally máis duro do mundo, e esta edición en concreto reafirma a súa fama. Pilotos con experiencia, e que correron nos tres continentes onde se disputou esta proba (África, e América do Sur, antes de Arabia) confirman a severidade desta edición.

Sergio Vallejo: "Hoxe rompemos unha mangueta ao comezo da especial, nunha zona con moitas fochancas, e tivemos que parar a reparar. Estou a traballar máis de mecánico que de piloto. Pero imos tentar seguir e facer as etapas que veñen. Non nos imos render".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos