Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os integrantes da maior rede de tráfico de haxix en Lugo conseguen evitar o cárcere

Os integrantes da maior rede de tráfico de haxix en Lugo conseguen evitar o cárcere

Os cinco acusados recoñeceron os feitos no xuízo celebrado na Audiencia Provincial

G24.gal 03/11/2021 13:20

Os integrantes da que foi considerada pola policía como a maior rede de tráfico de haxix na provincia de Lugo conseguen evitar ir ao cárcere. Os cinco acusados recoñeceron os feitos no xuízo celebrado na Audiencia Provincial e aceptaron condenas de entre nove meses e dous anos.

As partes acordaron suspender as penas, polo que de momento non teñen que ingresar en prisión. Os cinco homes foran detidos en 2017 na operación Calcetín-Salfranca, que se pechara con 27 arrestos en varias cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade