Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os hostaleiros e a Xunta negocian implantar de novo o certificado covid

Os hostaleiros e a Xunta negocian implantar de novo o certificado covid

A Xunta comprométese a perturbar o menos posible a actividade do sector hostaleiro

G24.gal 22/11/2021 14:16

Este luns á tarde o Goberno galego reúnese co sector da hostalería. Sobre a mesa está a idea de pedirlles aos clientes o pasaporte covid.

Nestes momentos é obrigatorio no ocio nocturno, pero deixou de pedirse na hostalería. Ante o aumento dos contaxios, o Goberno galego e o sector ponderan recuperar esta medida.

Evitar restricións máis duras é o obxectivo dos hostaleiros, que temen limitacións de ocupación e horarios durante a campaña de Nadal.

"Se volvemos ao de antes, prefiro pedir o certíficado, iso está clarísimo", apunta Garbiel Pérez, hostaleiro.

Desde o sector están de acordo con solicitar a documentación aos clientes para acceder aos locais e chaman á responsabilidade de todos.

"Restaurantes, en eventos de ceas de Nadal, eu creo que aí é importante a responsabilidade, e non hai ningún problema en que se pida o certificado", asegura César Ballesteros, presidente da Asociación de Hostalería de Pontevedra.

O Goberno galego acode á reunión coa intención de garantir a seguridade sanitaria nunhas datas nas que aumenta a actividade social. Ao tempo comprométese co sector a interferir o menos posible na súa actividade. 

A Xunta quere evitar medidas drásticas e avalía restablecer o pasaporte covid para aumentar a seguridade nos establecementos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos