Os hospitais, sen incidencias e con combustible para seguir traballando
Os hospitais galegos funcionan con normalidade grazas aos xeradores eléctricos
EFE
O Ministerio de Sanidade informou de que ata agora ningún hospital reportou incidencias como consecuencia do apagamento eléctrico deste luns e garantiu que a rede de centros conta con reservas de combustible suficientes para manter a atención sanitaria "sen inconvenientes".
Dende que se produciu o corte na subministración, Sanidade mantense en contacto e coordinación permanente coas comunidades e o resto de institucións que conforman o Sistema Nacional de Saúde monitorizando o impacto do apagamento que, horas despois de declararse, non deixa constancia de ningunha incidencia grave.
Os centros que conforman a rede hospitalaria manteñen o abastecemento enerxético mediante grupos electróxenos que, ademais contan con suficiente reserva de combustible para manter a atención sanitaria sen ningún problema, segundo asegurou o departamento que dirixe Mónica García.
Sanidade apela á necesidade de seguir as recomendacións dos diferentes servizos de saúde que, de maneira prudente, están reorganizando a actividade asistencial para priorizar os pacientes.
O ministerio insiste en que é imprescindible seguir as fontes de información oficial, "rigorosa e veraz", así como evitar replicar información non contrastada nun contexto de proliferación de rumores e noticias falsas.