Cargando resultados...
Os homes tamén sofren problemas no solo pelviano, que poden evitarse con prevención
Os homes tamén deben adestrar o seu solo pelviano para evitar problemas como a incontinencia ou a disfunción eréctil
G24.gal
09/05/2024 19:56
Última actualización 09/05/2024 20:21
É algo do que falamos normalmente ao referirnos aos problemas que afectan as mulleres maiores con perdas ou ás embarazadas, pero o certo é que tamén os homes deben coidar o seu solo pelviano se non queren sufrir problemas como a incontinencia ou a disfunción eréctil. Un bo adestramento, fortalecendo os músculos da toda a zona abdominal, pode ser fundamental.
Ás veces os homes dubidan, e cando se deciden a facer algo pode ser xa tarde. Calcúlase que un de cada catro homes maiores de 40 anos sofren problemas no solo pelviano. É algo común despois de operacións de próstata, pero tamén hai outros factores de risco. O exceso de peso, o estrinximento, unha tose crónica ou unha mala xestión das cargas e esforzos son os máis comúns.