Publicador de contidos

Publicador de contidos

O funcionariado de Xustiza critica que non teña oferta ningunha para evitar a folga

O funcionariado de Xustiza critica que non teña oferta ningunha para evitar a folga

Consideran un "agravio comparativo" que o Goberno lles fixera ata tres propostas a xuíces e fiscais

G24.gal 13/05/2023 09:10 Última actualización 13/05/2023 13:16

O delegado do Sindicato de Traballadores da Administración de Xustiza, Roberto Fariña, amosa a súa sorpresa pola falta de ofertas económicas do Ministerio para evitar a folga indefinida do colectivo a partir do 22 de maio.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, Fariña fala de "agravio comparativo" que o Goberno lles fixera ata tres propostas a outros colectivos -en alusión a xuíces e fiscais- mentres que de momento non presentou ningunha para os funcionarios de Xustiza. 

"O que nos sorprende é que aínda non teñamos ningunha proposta económica, non así como outros colectivos que xa van pola terceira proposta. Esperamos que unha vez remate o conflito dos xuíces e fiscais o Ministerio faga esa proposta e que, sobre todo, nos permita participar na Lei orgánica de eficiencia organizativa que é realmente un dos grandes motivos desta folga".

As principais reivindicacións dos funcionarios de Xustiza son, ademais dunha suba salarial axeitada ás súas funcións, a clasificación de tarefas e negociar a futura Lei de eficiencia organizativa, unha norma de cuxo anteproxecto critican, sobre todo, "a mobilidade forzosa".  

Este colectivo de traballadores de Xustiza principiaron as súas mobilizacións a primeiros de abril. Primeiro con paros parciais e agora con paros de 24 horas e manteñen o 22 de maio como inicio dunha folga indefinida se non hai avances nas súas reclamacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade