Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os virólogos aínda non poden saber cando vai acabar a pandemia

Os virólogos aínda non poden saber cando vai acabar a pandemia

Descoñécese por agora o futuro do virus e cando vai chegar o final desta situación

O virólogo Juan García Costa pide manter a precaución e as medidas de seguridade, as máscaras nos interiores e a ventilación para reducir a presenza de aerosois

Os equipos de viroloxía e microbioloxía enfróntanse ao reto da aparición de novas variantes e investigan para conseguir unha vacina universal contra todas as cepas

Os equipos de viroloxía investigan para ter unha vacina universal contra todas as variantes do SARS-CoV-2. virus Sars Cov-2
G24.gal 13/02/2022 13:34

Baixan os casos activos e tamén as hospitalizacións, pero con todo, a incidencia segue a ser moi alta e o virus continúa a circular. Con esta situación os virólos e expertos en microbioloxía din que se descoñece o futuro do virus e cando vai chegar o final da pandemia.

Por diante está o reto de enfrontarse a novas posibles variantes coas actuais vacinas.

Coa taxa de positividade por riba dun 29 por cento en España, un 17,5% en Galicia os expertos virólogos din que hai que seguir tendo moita precaución.

"Temos que ter moita precaución, evitar os falsos triufalismos, ou dicir, que isto vai acabar. Polo momento, aínda é moi pronto para afirmar cando se pode acabar o SARS-Cov-2. Debemos recordar un dato tremendo, que estamos actualmente nunha media de 200 mortos ao día. Semella que no consciente colectivo desaparecera a relación entre a morte e a covid", afirma Juan García Costa, virólogo do CHUO e  vicepresidente da Sociedade Española de Viroloxía. 

Cando vai acabar a pandemia?

Polo de agora non poden predicir como nin cando vai acabar a pandemia.

"Cando pode deterse? Pois non o sabemos", afirma o virólogo. "Pode transformarse en endémico, pode transformarse nun virus como o da gripe estacional, pero polo momento non podemos afirmar cando se pode acabar con isto" di o viceprensidente da Sociedade Española de Viroloxía. 

Cantas máis persoas infectadas haxa máis posibilidades hai de que apareza unha das chamadas grandes variantes. E que significaría iso?

"Se hai unha variante que cambia totalmente a súa estrutura poida non recoñecer os anticorpos nin vacinais nin da infección anterior, co cal teriamos un problema: teriamos que volver empezar". 

"É fundamental que se vacine o máximo de persoas no mundo". 

"O ideal sería ter unha vacina universal. Unha vacina que puidese agrupar todas as diferentes cepas e variantes do virus. Pero iso de momento é impensable. Esperemos que co tempo do mesmo xeito que se deseñaron vacinas cunha gran rapidez e eficiencia, esperemos poder conseguilo", asegura Juan García Costa, virólogo do CHUO e  vicepresidente da Sociedade Española de Viroloxía. 

Mentres, hai que ir adaptando a vacina actual ás novas variantes e a recomendación é manter as máscaras e as medidas de seguridade, especialmente nos espazos interiores para evitar a concentración de aerosois.

"Manter a ventilación dos locais, o máximo tempo posible abertos e se é necesario implementar aparatos de control de CO2, ou aparatos de ventilación que sexan efectivos, cos seus filtos EPA. Digamos que simplemente é aplicar un pouco o sentidiño", asegura o virólo Juan García Costa. 

E co futuro incerto apelan ao sentido común tanto individual coma colectivamente.  

 

A taxa de positividade nas probas PCR e antíxenos segue sendo moi alta.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade