Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os expertos advirten da evolución da obesidade, que afecta xa o 25 % dos galegos

Os expertos advirten da evolución da obesidade, que afecta xa o 25 % dos galegos

O cambio de hábitos pola pandemia fixo que case a metade da poboación subira de peso

Os expertos advirten de que pode provocar cancro, diabetes e problemas cardiovasculares

Seis de cada dez galegos sofren problemas de sobrepeso
G24.gal 04/03/2022 20:27

Seis de cada dez galegos presentan problemas de sobrepeso. No Día Mundial da Obesidade os expertos advirten de que esta enfermidade está detrás de moitos casos de diabetes, cancros e problemas cardiovasculares. Por iso hai que tomar medidas.

Cada vez recibimos máis consellos e máis información, pero semellan non ser suficientes. Os datos da Sociedade Española da Obesidade din que o cambio de hábitos pola pandemia provocou que un terzo da poboación subiu entre un e tres quilos, e un 12 por cento colleu aínda máis peso.

E iso que moitos preocúpanse de corrixir os excesos. O mellor para combatelos, dieta sa e deporte. A obesidade triplicou a súa afectación na última década e afecta xa o 20 por cento da poboación mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos