Miku e Romay, dous exdeportivistas no derbi do Espiñedo
Romay: "Son favoritos. Intentaremos meterlle man. Non será sinxelo"
Son dous vellos coñecidos da afección deportivista. Miku estivo dúas tempadas de branquiazul con 19 goles. Manuel Romay ten pasado no filial. Arenteiro e Deportivo chegan empatados ao derbi. Quen é favorito? Romay, teno claro.
"Son favoritos. Intentaremos meterlle man. Non será sinxelo".
Comparten categoría, amosan un nivel similar no que vai de competición, pero séguese vendo o Deportivo como un club doutra liga. Mentres, o Arenteiro é un dos equipos revelación da categoría, consolidado na zona media da táboa.
O Deportivo só suma 9 dos últimos 18 puntos posibles, lonxe do que se esperaba ao inicio de tempada.
Miku: "Teñen futbolistas contrastados, ao final estarán onde cren que deben estar".
O Arenteiro prepárase para inmortalizar un partido histórico no Espiñedo.